InicioEconomíaIndra proba en Rozas os sistemas do dron máis grande construído en...

Indra proba en Rozas os sistemas do dron máis grande construído en España

A tecnolóxica instalada na base de Castro ensaia o funcionamento dos sistemas críticos do Targus, como paso previo a validar o dron para o servizo operativo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Indra será o primeiro socio do polo aeroespacial de Castro en probar os seus deseños in situ. O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) será testemuña das simulacións de voo con compoñentes da aeronave opcionalmente tripulada Targus, o dron fabricado en España de maiores dimensións. Esta campaña de probas permitirá validar o deseño como paso previo á obtención da certificación de seguridade aérea.

O Targus ten un peso de 1,2 toneladas e acada os 11 metros de envergadura. A tecnolóxica responsable da aeronave non convencional, Indra, realizou previamente os cálculos no laboratorio en colaboración con Gaerum. Nesta fase, empregará metodoloxía avanzada de simulación para que os sistemas críticos do dron se comporten coma se estivesen realmente no aire.

Deste xeito, os enxeñeiros comprobarán a resposta dos sistemas electrónicos nun entorno realista, alimentando os sistemas con datos recollidos en voos reais, o que replicará á perfección as situacións ás que se enfrontarán cando estean operativos a bordo do Targus. As compañías ensaiarán o comportamento do sistemas de control de voo, de navegación e de misión.

O aeródromo de Rozas, sede do festival aéreo Criterium, alberga tamén os desenrolos aeronáuticos do INTA, Indra, Babcock e Gaerum, entre outras
O aeródromo de Rozas, sede do festival aéreo Criterium, alberga tamén os desenrolos aeronáuticos do INTA, Indra, Babcock, Boeing ou Gaerum

Estes compoñentes son fundamentais para a operatividade e a seguridade do dron, e as simulacións permitirán reducir o número de horas en funcionamento requeridas para a certificación de seguridade aérea. As horas de simulación serán recoñecidas como horas no aire cando se acredite a correlación entre os datos dos ensaios e aqueles obtidos en voo real.

Con este procedemento, validaranse as decisións de deseño antes de pasar ás probas no prototipo completo. O obxectivo é reducir costes e minimizar os riscos asociados ao desenvolvemento e a experimentación, o que permitirá ás compañías ser máis competitivas no mercado.

Rozas, trampolín de Boeing a un mercado de tres billóns de dólares

 

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...