InicioSociedadeConcentración ante o consultorio de Castro de Rei: "Non queremos que o...

Concentración ante o consultorio de Castro de Rei: “Non queremos que o desmantelen”

"O BNG e a veciñanza non consente que nos rouben un ben prezado como é a nosa sanidade pública", afirmou a portavoz e concelleira local, Digna Lagarón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei celebrou este domingo unha concentración fronte ao consultorio de Castro de Rei pola defensa da sanidade pública e a apertura deste centro. Na concentración participou a deputada por Lugo do BNG, Carme Aira, e a portavoz e concelleira local, Digna Lagarón, entre outros integrantes da formación.

Continuamos a pé de rúa para evidenciar que non queremos que desmantelen o consultorio de Castro de Rei, o BNG e a veciñanza non consente que nos rouben un ben prezado como é a nosa sanidade pública”, afirmou Lagarón. “Grazas ás mobilizacións convocadas polo BNG para recuperar a atención primaria neste concello”, sinalan, a Consellería de Sanidade “reaccionou” con diferentes accións para axilizar o servizo, “pero a realidade é que non existen melloras no funcionamento da atención primaria”.

Por todo isto, o BNG trasladou esta semana ao Parlamento galego, en concreto na Comisión de Sanidade, a reactivación plena do consultorio de Castro de Rei como tamén a dotación de persoal facultativo no centro de Castro Ribeiras de Lea. Estas iniciativas foron aprobadas por unanimidade.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...