InicioTerra CháCastro de ReiDenuncian a morte dun traballador da empresa Surexport en Castro de Rei...

Denuncian a morte dun traballador da empresa Surexport en Castro de Rei que vinculan ás súas condicións laborais

A empresa farase cargo da repatriación ao lugar de orixe do falecido

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un empregado da empresa Surexport faleceu este pasado venres no lugar de residencia temporal situado no municipio de Castro de Rei. CC OO de Industria de Lugo alertou do suceso e indica que pedirá unha investigación do falecemento ao entender que hai consecuencias directas relacionadas coas súas funcións laborais.

Segundo os datos achegados polo sindicado, o falecido trátase dun mozo de 25 anos procedente de Romanía, país do que chegan unha gran parte dos traballadores ás instalacións frutícolas que esta empresa posúe na Terra Chá.

CC OO de Industria de Lugo informou de que o mozo tiña unha enfermidade crónica, pero denuncia que as condicións de traballo “agravaron” a súa situación. “Faleceu na pensión onde viven despois de chegar de traballar na leira de O Arneiro (Cospeito) exposto á calor durante moitas horas. Non era a primeira vez que a enfermidade lle provocaba situacións límite, pero non se tomou ningunha medida”, explicou José Luís López, responsable de CC OO de Industria de Lugo.

“Imaxino que a empresa se escudará en que a morte se produciu fóra do lugar de traballo, pero para nós non se trata dun falecemento natural“, comenta José Luís López, quen asegurou que desde o sindicato van presentar unha demanda ante a autoridade laboral. “Se non se fai a investigación, queda como unha morte natural”, sentenciou.

A empresa, con sede en Huelva, recoñeceu a Europa Press o falecemento a través dos seus responsables en Galicia. Respecto diso, afirmaron que chamaron aos servizos de emerxencia ante a indisposición do mozo. A partir de aí, calquera outro problema resolverase pola vía xudicial, resolveu as mesmas fontes da empresa. Así mesmo, puxeron de relevo que “van repatriar o cadáver deste mozo ao seu país”.

PROTESTAS DOS SINDICATOS

O acontecemento sucedeu días despois de que varios sindicatos e organizacións denunciasen as prácticas “nefastas” da empresa. Tanto a nivel laboral como ambiental. “Os traballadores realizan longas xornadas laborais e están sometidos a moita tensión. Ademais, a maioría, pertence a colectivos vulnerables que veñen subsistir”, apuntou José Luís López.

José Luís López dixo que se estima que o número de traballadores da empresa na zona supera nestes meses chaves da campaña “os 400”. Unha ampla porcentaxe procede do estranxeiro, principalmente de países como Romanía ou do continente africano. “Despois do traballo téñense que buscar a vida para todo. Chegan ao lugar onde dormen (algúns sen acondicionar) e téñense que encargar da limpeza e de facer a comida. Todo despois de traballar doce horas diarias, sete días á semana e sometidos a moita presión”, apuntou.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...