InicioMedioambiente e PatrimonioO sector dos áridos pon o hábitat protexido de Begonte coma exemplo...

O sector dos áridos pon o hábitat protexido de Begonte coma exemplo de restauración

O director da Asociación Galega de Áridos (Arigal) di ter interese "en que se coñezan algúns puntos da nosa actividade que a maioría non ten claros" en canto ás minas a ceo aberto coma a de Touro, e pon a lagoa Begonte coma exemplo de restauración

PUBLICADA O

- Advertisement -

Extracto da entrevista completa que pode atopar en Galicia Confidencial

Carlos Martínez di que a Asociación Galega de Áridos –que representa ás empresas da extracción de material árido coma grava, da minaría metálica, da pedra e da lousa– non busca ningún tipo de protagonismo, pero insiste en que é necesario dar toda a información precisa para coñecer unha actividade económica allea para a grande maioría. Mesmo apunta á necesidade da incorporación dunha licenza social, unha maioría social, que apoie a apertura dun centro mineiro para poder poñelo en marcha.

-O sector da minería, tanto de áridos como de metais, son un sector preferente dentro da Unión Europea. Cales son os motivos?
As directrices europeas estableceron as directivas sobre raw materials. Isto quere dicir que o acceso a recursos minerais é un punto definido como extratéxico. A idea é que tes que ter acceso ao teu recurso e non ser dependente doutros países, como China ou similares. Por tanto, é prioritario ter independencia mineira.

-Soa como autárquico.
Pódese ver de dúas maneiras. Primeira, ser independente sen que outro marque o teu desenvolvemento. Un exemplo moi claro é o do litio. O coche eléctrico ten que vir porque vemos que é a única solución. Non hai litio para tanto coche e se o temos que traer de fóra, peor mo estás poñendo. Sobre todo se temos aquí temos litio, temos tecnoloxía e condicións óptimas. Prefiro que o saquen de aquí, pois sei que o van vixiar e non litio importado de Congo. Desde hai tempo, o sector estractivo ten moi claro que o pouco anonimato que tiña desapareceu. Agora mesmo, co buscador Google ou o Google maps, ti podes ir a unha canteira a fin de semana, estás  máis que vixilado.

-Supoño que as autoridades terán outro tipo de elementos para controlar a minería.
Van alí ou utilizan dróns. Están habilitados, as autoridades teñen persoas autorizadas para que en calquera momento podan entrar en calquera actividade extractiva, para que se cumpra tanto o plano de labores como o de restauración.

-Os sistema de restauración de explotacións mineiras non son un tanto polémicos? Por exemplo nas Pontes hai un lago artificial onde antes estaba a mina. Este modelo deixouse de usar nos países que un día si o empregaron.
A nosa valoración é que hai un mundo de posibilidades para restaurar un lugar onde houbo minería. O tradicional nas canteiras de áridos era encher de material e replantar. Outra posibilidade é a que se fixo nas Pontes ou Meirama. O lago de Meirama está dando auga á Coruña, con controis de calidade e sanitarios, pero está subministrando auga potable. Outra posibilidade é a de aproveitar para crear infraestruturas como políñgonos industriais ou mesmo hai auditorios no que foron canteiras. Mesmo temos hábitats protexidos como a lagoa de Begonte, que foi unha canteira. Foi a actividade estractiva a que creou ese hábitat. En Xinzo o mesmo. O abano de posibilidades é amplo. Non queremos só lagos, polígonos, recheos ou construcións, cada casuística e cada situación ten as súas vantaxes.

-Con todo o risco apuntado desde ámbitos como o ecoloxismo é que mineirais pesados desas minas ou canteiras pechadas, pasen ao consumo humano.
No caso dos áridos, pola nosa casuística o único aporte que se pode dar a cauces ou correntes de auga, son sólidos en suspensión, area ou arxela. Iso pode pararse previo reboce, ilos desviando a depósitos de auga parada. Pero iso ao final, é un control de augas antes de que se incorporen. No caso das Pontes non foi encher de auga. Antes estudouse a rocha e a xeoloxía do lugar para ver se era impermeable, mesmo en varias zonas impermeabilizaron de maneira artificial, para que non haxa fugas e contaminación. Pero no caso dos metais pesados, parece que en Galicia só temos metais pesados, un tema que se repite sempre. Nos áridos levamos moito tempo con que nos veñen con ese tema. A ver, no caso da minería metálica pode telos, pero temo que hai un grande descoñecemento dos condicionantes que hai que cumprir para iniciar a apertura dun centro estractivo. Convido a quen queira a facer unha listaxe de todos os organismos a onde hai que pedir autorización e presentar o proxecto, antes mesmo de que che concedan a autorización para explotar unha extracción.

-Non obstante hai lugares onde houbo actividade de áridos que a día de hoxe están sen pechar ou tratar. Canteiras que quedaron tal cal, sen tapar nada. 
Iso depende da época na que se pecharon. Nós asumimos que temos unha herdanza, pero calquera explotación antes de abrirse agora debe dispor dun plano de labores, un plano de explotación e un plano de restauración e unha garantía depositada como aval financeiro. Ese aval teno que poñer a empresa. En caso de incumprimento do proxecto de restauración, a administración, neste caso en Galicia sería a consellería, pois aquí está transferido, podería e  probablemente execute ese aval para a restauración. Ese aval cálculase en función do plano de restauración, son avais importantes porque estamos falando de hectáreas. A unidade mínima dunha sección C, son 24 has., das que non vas usar nin o 10%. Pero ti tes que traballar con esa unidade, pides cinco cuadrículas, xa tes 125 has., das que non vas utilizar máis alá do 10 ou 15%. Todo isto é por como están definidos os recursos. Cada 20 segundos sobre un mapa diferencia xa define unha cuadrícula mineira.

 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...