Home Terra Chá Begonte Tres feridos nun accidente de tráfico en Trobo (Begonte)

Tres feridos nun accidente de tráfico en Trobo (Begonte)

0
Tres feridos nun accidente de tráfico en Trobo (Begonte)
Parque de bombeiros de Vilalba | Bombeiros da Terra Chá

Como resultado do choque de dous vehículos, tres persoas resultaron feridas na estrada de Trobo, na parroquia de Begonte, en dirección Cospeito. A Atención de Emerxencias 112 recibiu aviso ás 10.00 horas e reclamou a presenza dos servizos sanitarios no lugar do suceso.

Tamén acudiron os bombeiros de Vilalba e o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Guitiriz ante a información de que había un ferido atrapado nun dos automóbiles.

Finalmente descartouse o emprego de material de excarceración, aínda que foi precisa a asistencia dos bombeiros para axudar á evacuación dunha das persoas afectadas, pois o vehículo bateu contra un muro e resultaba imposible abrir as portas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here