InicioTerra CháGuitirizOs 'poemas pendurados' das farolas de Vilalba e Guitiriz estarán dedicados a...

Os ‘poemas pendurados’ das farolas de Vilalba e Guitiriz estarán dedicados a Rosalía de Castro

Os participantes poderán mandar un poema dedicado á poeta antes do 22 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os participantes deberán enviar un poema cunha extensión máxima de 16 versos antes do 22 de xaneiro deste ano que está a piques de comezar.  Así o veñen de informar dende a convocatoria de Poemas Pendurados de Farolas, que sinalan que está quinta edición estará dedicada á poeta Rosalía de Castro.

A dirección de correo electrónico para mandar os poemas será npggazeta@gmail.com e nesta edición, os poemas estarán en dúas localidades, en Vilalba en febreiro e Guitiriz en Xuño. En Vilalba, esta actividade formará parte das Xornadas Rosalianas que diversas entidades vilalbesas están a organizar para ese mes. En Guitiriz serán parte tamén do II Festival de poesía Guitirica.

En edicións anteriores as temáticas foron os lumes, a violencia machista, as inxustizas sociais e a Covid, con “grande éxito de participación”. Nesta edición, adican a convocatoria a Rosalía de Castro para acompañar as xornadas vilalbesas adicadas á grande poeta galega, que tamén será homenaxeada no II Festival de Poesía Guitirica na segunda fin de semana de xuño.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...