InicioTerra CháVilalbaPiden boicotear os produtos de Lactalis por "prexudicar" aos gandeiros galegos

Piden boicotear os produtos de Lactalis por “prexudicar” aos gandeiros galegos

O Sindicato Labrego Galego critica a "política de brazos cruzados" da Xunta.

PUBLICADA O

Continúa a guerra do leite aberta polos agricultores galegos que protestan contra os baixos prezos compensados polas industrias asentadas da Comunidade. Das tractoradas e o vertido de produto da rúa pásase agora ao boicot que o Sindicato Galego Labrego vén de pedir con respecto ás industrias de Lactalis, unha das plantas máis sinaladas polos produtores nas últimas semanas.
A formación sindicalista vén de lanzar unha campaña de denuncia e boicot “das marcas que máis están a prexudicar ás granxas galegas”. Sinala, neste aspecto, que as empresas apuntadas “se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción”, cada vez máis elevados pola crise de combustibles e materias primas, que afecta tanto á luz como aos fertilizante.
“Galiza é a maior produtora de leite do Estado, cun 39,1 % do total de entregas, moi lonxe da súa inmediata seguidora, Castela e León, cun 12,5% (Observatorio da Cadea Alimentaria, 2021). O sector leiteiro é esencial económica e socialmente no noso país, e no Estado”, destacan dende a plataforma. Porén, enganden, os produtores galegos estarían a atravesar dificultades pola “política de brazos cruzados” da Xunta de Galicia, á que acusan de non convocar mesas bilaterais máis alá dunha vez ao ano.
“ABANDONO ADMINISTRATIVO”
A convocatoria de boicot nace así como resposta á situación de “absoluto abandono administrativo” con respecto ás granxas máis pequenas, que de acordo coas mesmas fontes se verían empurradas á quebra. Entre as empresas sinaladas, destacan a multinacional francesa Lactalis-Puleva, á que cualifican como “a empresa do sector lácteo que máis factura na UE” e que recolle “máis do 20% do leite producido en Galicia”.
“O prezo do leite no supermercado subiu, e seguirá subindo, pero aos gandeiros e gandeiras non nos trasladan nada desa subida que sufrimos como consumidoras. Empresas como LACTALIS están acaparando o valor engadido do traballo das granxas de leite. Provoca así a destrución do tecido produtivo galego, forzando a ruína de milleiros de granxas galegas, especialmente as máis pequenas, que son as máis beneficiosas en canto a fixación de poboación”, destacan.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...