InicioTerra CháConvocan mobilizacións ante as sedes de Lactalis e Larsa ante a crise...

Convocan mobilizacións ante as sedes de Lactalis e Larsa ante a crise do sector lácteo

Case 400 explotacións botaron o peche no último ano, apuntan dende UU.AA. Agromuralla destaca a boa acollida das mobilizacións en Lugo e ábrese a levalas a Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias (UU.AA.) convocou dúas protestas ante as sedes de Lactalis (en Vilalba) e de Larsa (localizada en Outeiro de Rei) para reclamar unha subida dos prezos que se pagan a produtores polo leite no canto de “esmolas”. A mobilización ante Lactalis será este xoves, 11 de novembro, mentres que ante Larsa será o 16 de novembro. Ambas están previstas para as 11,30 horas e a organización agraria fai un chamamento a participar.

En rolda de prensa, o secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa, Felix Porto, alerta de que Galicia segue coa perda de granxas lácteas, xa que das 6.857 que había en setembro de 2020 quedan un ano despois só 6.476. Así, advirte da subida “espectacular” dos custos de produción no último ano, especialmente nos pensos, pois agora custa 2,63 céntimos máis producir cada litro de leite. A unha subida media da alimentación do 26% únese un incremento do 34% en combustibles. Tamén se estima que o ano próximo os plásticos e fertilizantes sufrirán un aumento do 50%.

Neste sentido, Unións Agrarias sinala que Lactalis e Larsa son dúas das industrias con maior cota de mercado en Galicia, dado que recollen leite a uns 1.500 e 1.000 gandeiros, respectivamente. Félix Porto denuncia que estas industrias “non aplican o que dicía a lei de cadea”. Pon de exemplo que Lactalis ofrece unha alza “case irrisoria” dun céntimo despois da distribución incrementase prezos nos lineais que non se repercuten “nada” nos produtores.

Á COLA DE ESPAÑA E EUROPA

O último informe do Ministerio apunta a que o prezo que se paga polo litro de leite aos gandeiros galegos rexistra un repunte ata os 33,3 céntimos en setembro, por encima dos 32,7 céntimos de agosto. Con todo, o que reciben os gandeiros galegos está case un céntimo por baixo da media española (34,3 céntimos por litro). Na España peninsular, o maior prezo págase en País Vasco (36,7 céntimos).

O responsable do sector lácteo de Unións, Óscar Pouse, lamenta que o prezo en Galicia segue “estacando” e a “a cola” de España e a UE. De feito, apunta que países da contorna teñen prezos duns 38 céntimos por litro. Así, Pose sinala que as industrias se benefician dun incremento do 40% nos prezos da manteiga. Por iso, co grao de graxa que ten o leite galego aínda sacan 9,5 céntimos máis por litro de leite, pero censura que non se repercute no produtor. Igualmente, indica que hai un aumento do 30% no prezo do leite en po.

Deste xeito, Óscar Pouse acusa a Lactalis e Larsa de quedar con “un incremento de tres céntimos en lineais” que non chegan aos produtores. Ademais, sostén que Lactalis “tenta extorsionar” con “presións” a gandeiros ao tentar “obrigar” a que asinen acordos con só un céntimo de subida e vixencia ata febreiro ou abril de 2023. “Asinar isto é asinar a sentenza de morte de explotacións”, afirma Pose.

A preguntas sobre cal é a cifra que se reclama como xusta polo litro de leite, Unións Agrarias apunta que ten que ser unha subida “importante” que cubra custos de produción e “permita vivir dignamente”. Lembra que estudos da cadea de valor apuntaban o ano pasado que o custo medio do litro estaba en 36 céntimos, sen ter en conta os incrementos de custos do último ano. Ademais, esgrímese que se pagan 38 céntimos en países da contorna. Por iso, “non valen esmolas”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Senado insta ao Goberno a facer melloras ferroviarias en Lugo e o PSOE lémbralle que foi o PP quen parou a intermodal

O Senado instou ao Goberno central a "comprometer investimentos para a mellora de infraestruturas viarias...

Rexistrados pequenos movementos sísmicos en concellos de Lugo

As provincias de Pontevedra e Lugo rexistraron pequenos movementos sísmicos no últimos catro días, o último...

Investigan na provincia de Lugo unha estafa pola que se ameaza con cortar a eletricidad a pequenos negocios

A Garda Civil investiga na provincia de Lugo unha estafa na modalidade de 'vishing', pola que se...

A provincia de Lugo en alerta por fortes choivas

Galicia estará este domingo en alerta por choivas en varios puntos das provincias da...