InicioTerra CháVilalbaO FIV de Vilalba regresa con Xoel López, Ortiga e Novedades Carmiña

O FIV de Vilalba regresa con Xoel López, Ortiga e Novedades Carmiña

Terá lugar os días 17, 18 e 19 de setembro nunha edición adaptada á normativa covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vilalba prepárase para a súa gran cita musical do ano co FIV, un festival que vai pola 14ª edición e que este 2021 cargará os días 17, 18 e 19 deste setembro cun retrato diverso da música galega e española do momento. No cartel destacan Xoel López, os Novedades Carmiña e Zahara e La Bien Querida, pero tamén hai espazo para artistas emerxentes como Melenas, Dani, ou o xa consolidado Ortga.

A edición virá marcada polas medidas sanitarias en ambos os recintos, tanto no Auditorio Municipal de Vilalba, onde terán lugar finalmente os concertos da primeira xornada do venres, para un aforo reducido, como no recinto grande situado no Campo da  feira, con capacidade para 1.000 persoas. Así o manifestaba esta semana a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, “Cúmprense todas as medidas de  seguridade no  máis  amplo sentido, tanto ao facelo nun formato totalmente diferente ao que era o FIV habitualmente, como nun espazo pechado e con cadeiras e mesas para ou público  do festival en grupos de 4 persoas”.

A billeteira, apuntan dende a organización do festival estará habilitadas na Casa da Cultura cun horario de 12.00 a 0.00 horas o venres e de 10.00 a 22.00 horas o sábado para que o público asistente poida trocar o abono pola pulseira antes de acceder a algún dos recintos onde terán lugar tanto os concertos como unha das actividades programadas o sábado pola mañá, a proxección do documental Paco Tolo: viva el noise o Auditorio Municipal.

O Campo da feira acollerá a xornada grande dun evento que se “reinventou” para buscar a maior seguridade fronte á situación actual e a súa adaptación ás medidas sanitarias. A súa principal novidade é que este ano se organizará seguindo un modelo de terraceo. É dicir, con mesas ao redor das que poderá habilitar un número máximo de catro cadeiras desde as que os asistentes gozarán das actuacións. Ademais, haberá unha zona de restauración no propio recinto. O público deberá ter posta a máscara durante os eventos e respectar a distancia de seguridade marcada entre mesas.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...