InicioTerra CháVilalbaGuerra veciñal en Vilalba despois de que o Concello pechara ao tráfico...

Guerra veciñal en Vilalba despois de que o Concello pechara ao tráfico unha rúa

Convocan unha manifestación en coche para o vindeiro día de Feira para esixir claridade ao Concello nos seus plans.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os veciños dunha rúa de Vilalba ameazan con entrar en guerra co Concello a raíz da paralización do tráfico na súa vía. A problemática atópase na Rúa Pravia, situada no centro da vila, que permanece cortada ao tráfico dende comezos de mes logo de que un incendio levara ao Concello a pechala con vistas a implantar un novo plan de mobilidade na zona.

Pero as semanas pasan e, ante o “mutismo” do consistorio, comerciantes e veciños veñen de lanzar mobilizacións contra o Concello para esixirlles maior claridade na xestión desta vía do municipio lucense. A derradeira concentración tivo lugar o pasado martes 29 ante o edificio consistorial, fronte ao cal os integrantes da manifestación esixiron volver contar con dobre sentido na rúa, entre outras demandas.

A pelota queda así no tellado do Concello, ao cal comerciantes e veciños veñen de dirixir un escrito pedindo información sobre o amentado plan de mobilidade; “se é que existe”, inciden retranqueiros. A paralización do tráfico na Rúa Pravia foi xustificada despois polo Concello aludindo a diversas problemáticas na traída da auga, unha circunstancia para a que os propios veciños veñen de pedir solucións.

Á parte destas esixencias, destaca tamén a petición para ampliar as prazas de aparcadoiro dispoñibles na zona, que a ollos dos veciños e a Plataforma Pro Vilalba son escasas e insuficientes. Para seguir adiante coas mobilización, esta plataforma vén de convocar unha manifestación en coche –xa autorizada, segundo apuntan– e que transitará pola vila o vindeiro día 4, feira; saíndo dende a Rúa Cotarón Peña ás 12 do mediodía.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...