InicioTerra CháXermadeGarcía Porto insta ao cura de Momán a incentivar mediante "a fe"...

García Porto insta ao cura de Momán a incentivar mediante “a fe” que os veciños cedan terreos para arranxar o viario

A LU-P-2204 é a rúa que reclama o párroco, unha "estrada estreita" e infectada de "fochancas", segundo o propio relixioso, Luís Rodríguez Patiño, quen quere o arranxo tamén por unha cuestión de seguridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno bipartito da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, asegurou que o organismo provincial está “pendente” dos veciños de Momán para que cedan terreos para o arranxo dun viario provincial que foi o foco das critícas do cura desta parroquia do concello de Xermade (pola que oficiará unha misa o domingo).

A LU-P-2204 é pola que vén clamando o párroco, unha “estrada estreita” e infectada de “fochancas”, segundo o propio relixioso, Luís Rodríguez Patiño, quen quere o arranxo tamén por unha cuestión de seguridade. “É moi de agradecer que o cura de Momán interésese polas actuacións que se fan desde a Deputación de Lugo para precisamente mellorar a vida dos veciños e veciñas, e nese sentido gustaríame deixar claro que o compromiso por parte da Deputación de Lugo é absoluto”, subliñou García Porto.

Así, fiou ese “compromiso non só a unha vontade política senón que xa está plasmado documentalmente, e por iso o 7 de marzo finalizouse a formalización dun contrato que estaba adxudicado por 500.000 euros para acometer as melloras nesa estrada, dos puntos quilométricos 4 ao 7”.

No entanto, puntualizou que están “pendentes” de “que os veciños desta zona fagan a parte que lles corresponda, que é a cesión dos terreos”. “Aí, o cura párroco debería facer un labor para incentivar, se considera a través da fe ou como considere, a todos os veciños para ese compromiso que conseguira que a Deputación fixese o proxecto”, dixo.

“É certo que algúns veciños xa foron cedendo os terreos e outros non, e o que non podemos é acometer unha obra por tramos e facelo en chanzos: cando menos teremos que ter uns tramos duns cuantos metros que nos permitan avanzar na obra”, sostivo.

Finalmente, a portavoz socialista na Deputación volveu a comprometer o empeño da institución, “que non só a vai a facer (o arranxo), senón que xa ten adxudicado e formalizado o contrato por un importe de 500.000 euros”. “Só esperamos a esa pata que falta que é a cesión dos terreos”, finalizou.

ÚLTIMAS

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Deteñen a un traballador dun centro comercial de Lugo por usar os datos de clientes para as súas compras

A Policía Nacional detivo en Lugo a un empregado dun centro comercial da cidade...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os...