InicioLugo e contornaTres encapuchados asaltan un empresario lugués na súa casa do Veral

Tres encapuchados asaltan un empresario lugués na súa casa do Veral

A Policía rastrexa a cidade e arredores para dar cos implicados, mentres que a vítima permanece no HULA polos golpes recibidos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres encapuchados asaltaron o propietario de Gasóleos Ceao cando saía do seu chalé da parroquia do Veral (Lugo) na mañá deste mércores. Ao home abordárono polas costas e atáronlle as mans no garaxe, aínda que finalmente logrou zafarse e pedir axuda a un veciño.

Un dos implicados portaba un coitelo e os outros dous pistolas, coas que pegaron un tiro ao aire, tal e como relatou a vítima aos axentes da Policía, que agora revisarán a zona para tratar de localizar os disparos, segundo fontes da investigación que leva a comisaría de Lugo.

Sobre as 8,00 desta mañá, o empresario saía da súa vivenda na parroquia do Veral cando o asaltaron estes tres individuos. Fontes consultadas apuntan que lle pegaron e, por iso, a vítima presenta “varias brechas na cabeza”, así como unha “fractura de nariz“, polo que foi trasladado ao Hospital Polusa e, posteriormente, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Os asaltantes chegaron a atar a vítima para reducila. Con todo, o home logrou liberarse e puido pedir axuda a un veciño na estrada que une os municipios de Lugo e Friol. Este último foi quen avisou á Policía. Varias patrullas trasladáronse ata o lugar e entraron no chalé por se se topaban cos supostos atracadores que, aínda que non chegaron a entrar na casa, si que levaron efectos persoais da vítima, como un reloxo ou as mesmas chaves do negocio que rexenta. A policía rastrexa agora a cidade e os arredores dela para localizar os autores.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...