- Advertisement -
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido desde as 22.00 horas deste luns o incendio rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, que finalmente calcinou 14 hectáreas. En concreto, o lume iniciouse na parroquia de Cuíña ás 17.58 horas do domingo e finalmente afectou sete hectáreas de monte arborado e sete de monte raso.
Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, 13 axentes, 24 brigadas, 21 motobombas, unha pa, tres helicópteros e oito avións.
