A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un home a unha pena de catro anos e tres meses de prisión como autor dun delito de agresión sexual labor contra unha nena de cinco anos de idade. Ademais, deberá pagar 15.000 euros aos pais da menor en concepto de indemnización.
Segundo recolle a sentenza, os feitos ocorreron cando o acusado se atopaba ao coidado da menor na súa vivenda, aproveitando a ausencia dos pais da nena para levar a cabo a agresión, que consistiu en levala á habitación para facerlle tocamentos na vagina, por encima da roupa.
O tribunal considera probado o sucedido tras valorar as declaracións da vítima, así como os testemuños achegados polos seus proxenitores e polos profesionais que interviñeron na súa atención. Ademais, recoñece o agravante que supón o feito de ter só 5 anos “pois non contaba coa capacidade para pór oporse”.
Os maxistrados conclúen que as probas practicadas durante o proceso permiten acreditar a responsabilidade do condenado nos feitos axuizados, polo que acordan imporlle a citada pena de prisión. O que non se considera probado que esta conduta se repetise en máis ocasións.
Durante o xuízo, a Fiscalía pediu unha pena de 5 anos e 6 meses de prisión mentres que a acusación particular elevouna a 6 anos. No xuízo, a defensa pediu a nulidade das actuacións en base a que non recibiu unha declaración como investigado, pero a sala determinou que non hai circunstancias que o avalen.
EXPULSIÓN DO PAÍS
Ademais da pena de cárcere, recibe unha orde de afastamento durante 8 anos e a expulsión do país cando cumprise partes da condena ou teña a liberdade condicional, xa que o condenado é de nacionalidade colombiana.
A resolución xudicial aínda non é firme e poderá ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
