InicioLugo e contornaLugoFerida unha muller nun accidente por unha saída de vía en Vilalba

Ferida unha muller nun accidente por unha saída de vía en Vilalba

Os bombeiros rescataron a unha muller que sufriu un accidente de tráfico tras saírse da vía e quedar atrapaba no seu coche cando circulaba pola N-541, á altura da parroquia de Noite do municipio lucense de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros rescataron a unha muller que sufriu un accidente de tráfico tras saír da vía e quedar atrapaba no seu coche cando circulaba pola N-541, á altura da parroquia de Noite do municipio lucense de Vilalba.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 15,30 horas, cando un particular informou de que había unha única persoa dentro do coche, que necesitaba axuda para saír.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vilalba, que, finalmente, sacaron á muller do coche.

Deste xeito, cando foi liberada, o equipo médico ocupouse e os seus coidados e do seu trasladado posterior ao centro hospitalario de referencia. O operativo contou co apoio da Garda Civil de tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...