InicioSucesosA Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

Segundo trasladou a Policía nunha nota de prensa, ao longo da semana realizáronse máis de 20 dispositivos de control nas rúas Aller Ulloa e San Roque, Rolda da Muralla, Estrada Vella de Santiago, Rolda do Carme, e avenidas Magoi, Infanta Elena, Madrid e Benigno Rivera, controlando a velocidade de máis de 3.000 vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade da permitida en diferentes puntos da capital lucense.

Segundo trasladou a Policía nunha nota de prensa, ao longo da semana realizáronse máis de 20 dispositivos de control nas rúas Aller Ulloa e San Roque, Rolda da Muralla, Estrada Vella de Santiago, Rolda do Carme, e avenidas Magoi, Infanta Elena, Madrid e Benigno Rivera, controlando a velocidade de máis de 3.000 vehículos.

En concreto, na Rolda do Carme, onde a circulación está limitada a 30 km/h, detectouse a algún vehículo a 79 km/h (sancionado con multa de 500 euros e detracción de 6 puntos do permiso de conducir).

Na Avenida Infanta Elena, limitada a 50 km/h, detectouse a circulación dalgún vehículo a 104 km/h (multado con 600 euros e detracción de 6 puntos do permiso de conducir).

Así mesmo, na Avenida de Madrid, limitada a 50 km/h, detectouse a algún vehículo circulando a 105 km/h (sancionado con multa de 600 euros e detracción de 6 puntos do permiso de conducir).

No caso destes dous últimos vehículos, atopábanse próximos á comisión dun feito delictuoso, tendo en conta que, a partir de 110 km/h en zonas limitadas a 50 km/h, constitúe un delito contra a seguridade viaria, ao exceder en 60 km/h a velocidade máxima establecida.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...