Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio lucense da Pastoriza, segundo confirmou o 112 Galicia. O sinistro produciuse sobre as 14.00 horas, no punto quilométrico 6 da devandita vía, á altura da parroquia de Crecente. Como consecuencia do choque de dous vehículos, un deles quedou envorcado.
Os servizos de emerxencias mobilizaron a efectivos do 061, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba. Ademais do condutor ferido, que foi evacuado a un centro sanitario, a outra condutora implicada tamén referiu molestias, pero acudiu a un centro médico polos seus medios.
