InicioSucesosDetido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Detido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Os axentes da Comisaría Provincial de Lugo esclareceron tamén dous feitos delituosos diferentes relacionados con el mismo autor

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como suposto autor de dous roubos con forza en establecementos comerciais da cidade, tras o que pasou a disposición xudicial.

Así mesmo os axentes da Comisaría Provincial de Lugo esclareceron tamén dous feitos delituosos diferentes ao nomeado, consistentes en furto de efectos persoais e posteriores estafas con tarxetas de crédito subtraídas, cometido polo denominado método de “la siembra”.

Os autores desta modalidade delituosa adoitan actuar de forma itinerante, o cal dificultaba a identificación do mesmo, aínda que neste caso resultaron positivas as xestións dos axentes.

Nestes dous casos esclarecidos, os feitos cométense na zona de cobranza e no aparcadoiro de establecementos comerciais, xeralmente supermercados. Actúan dúas persoas de forma coordinada. Unha delas vixía na zona de caixas aos clientes, tentando visualizar o código “pin” das tarxetas de crédito coas que se fan os pagos. Unha vez determinada a vítima, dáse aviso á outra persoa, que espera no aparcadoiro para distraela cando estea no vehículo.

Con esta distracción, a persoa que vixiaba na zona de caixa acode ao aparcadoiro e aproveita para subtraer os efectos persoais da vítima, con especial interese na tarxeta de crédito da que acaban de observar o número PIN.

Para finalizar, acoden o máis axiña posible para realizar extraccións de diñeiro no caixeiro máis próximo, e acto seguido abandonar o municipio.

Denomínase método de “la siembra” porque os autores “siembran” unha distracción para que a vítima baixe a garda e sexa máis fácil roubarlle, tal como finxir que se lles caeu algo ao solo, pedirlle axuda para ler un papel ou preguntar por algunha localización, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...