- Advertisement -
O 112 Galicia rexistrou desde este mércores un total de 794 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que deixou na Comunidade a borrasca Nils, a maioría (336) producíronse pola presenza de árbores e ramas nas estradas. Por provincias, Lugo tivo 153 incidencias.
INCIDENTES VÍAS CIRCULACIÓN
Dos incidentes máis destacados, permanece cortada ao tráfico a autovía A-6 por danos no túnel de Neira, ao seu paso pola localidade lucense de Baralla, en dirección A Coruña. O tráfico desvíase pola N-6.
