InicioSucesosCortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A institución provincial mantén pechadas por asolagamentos a LU-P-3204 en Monforte; a LU-P-4703 na Pobra do Brollón; a LU-P-0901 en Bóveda; e a LU-P- 3501 en Navia e a LU-P-6502 en Muras polos estragos en dúas pontes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso polo concello de Pantón, como consecuencia do derrube de terra dunha ladeira provocado polas intensas chuvias rexistradas nos últimos días.

O desprendemento produciuse no quilómetro 12 desta vía, que comunica Ferreira de Pantón co encoro de Santo Estevo, o que obrigou a interromper a circulación para garantir a seguridade dos usuarios. Tras ter coñecemento do incidente, a institución provincial desprazou á zona persoal técnico e maquinaria co obxectivo de avaliar a situación e iniciar os traballos necesarios para a retirada do material desprendido e a estabilización da ladeira afectada.

Mentres non se restableza a normalidade na circulación, a Deputación habilitou itinerarios alternativos debidamente sinalizados, ao tempo que solicita á veciñanza e ás persoas usuarias da vía que extremen a precaución e respecten a sinalización provisional instalada.

Por outra banda, como consecuencia dos efectos do episodio de chuvias intensas, continúan pechadas ao tráfico varias estradas da rede provincial. En concreto, permanecen cortadas por asolagamentos a LU-P-3204, no concello de Monforte de Lemos; a LU-P-4703, na Pobra do Brollón; e a LU-P-0901, en Bóveda. Así mesmo, seguen intransitables o tramo vello da LU-P-3501, en Navia de Suarna, e a LU-P-6502, no concello de Muras, debido aos danos ocasionados pola auga en dúas pontes.

A Deputación mantén un seguimento permanente da situación e continúa traballando para recuperar a circulación nestas vías no menor tempo posible, sempre que as condicións meteorolóxicas e de seguridade o permitan.

ÚLTIMAS

Deteñen en Lugo os presuntos autores dun atraco en Cervantes no que roubaron 70.000 euros

A Garda Civil detivo aos dous presuntos autores dun atraco rexistrado en outubro nunha...

A Deputación de Lugo conmemora xunto a AECC o Día Mundial contra o Cancro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no...

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...