InicioSucesosCae unha banda especializada en roubo de cobre que operaba entre Lugo...

Cae unha banda especializada en roubo de cobre que operaba entre Lugo e Asturias

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na provincia de Lugo ao seis integrantes dunha banda especializada no roubo de cable de cobre, aos que se lles imputa un delito de pertenza a grupo criminal e outro continuado continuado de furto. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, tívose coñecemento da subtracción de cable telefónico nos municipios de Santa Eulalia de Oscos (Asturias) e da Fonsagrada, onde os agora detidos, tras cortar e acumular numerosas mangueiras de cobre en días previos, cargaron nunha furgoneta, o pasado fin de semana, o material subtraído para o seu traslado e posterior venda.

O seu modus operandi consiste en cortar o cableado dos postes, sobre todo en zonas illadas, troceándoos e pelándoos no mesmo lugar (onde abandonan as fundas). Déixanos depositados en fardos dun metro de lonxitude e duns 40 ou 50 quilos de peso cada un para facilitar o seu transporte, “ocultándoos entre a maleza existente ata o seu posterior traslado”, explican os axentes.

Cando teñen acumulada unha determinada cantidade son recollidos, sempre en horario nocturno, en furgonetas ou pequenos camións de aluguer que se desprazan desde a súa base de operacións ata o lugar onde ocultan o material roubado, “o que, a diferenza do tradicional roubo de cobre, dificulta a súa localización en chatarrerías da zona na que levaron a cabo o feito, e, en consecuencia, a investigación do mesmo”.

O material recuperado foi posto a disposición das empresas prexudicadas para o seu tratamento e destino oportuno. Os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial. “O furto de fío de cobre utilizado no tendido telefónico incrementouse, aproveitando o cambio por fibra óptica que están a levar a cabo as compañías telefónicas, onde cableado antigo, en desuso, que se atopa nas liñas telefónicas rurais é sustraido, non xerando incidencia nas compañías telefónicas ao atoparse inutilizado, ante o cal grupos delituosos centran a súa actividade en zonas rurais para apropiarse deste prezado material“, relata a Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...