A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas, que afecta a unhas 40 hectáreas.
O departamento autonómico detallou que o lume se iniciou ás 01.46 horas deste domingo e quedou estabilizado ás 07.30 horas. Para a súa extinción mobilizáronse cinco axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa. Con todo, a Consellería lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.