InicioSucesosTrece condutores sancionados en Lugo por alcol, drogas ou falta de carné

Trece condutores sancionados en Lugo por alcol, drogas ou falta de carné

A Policía Local detectou tamén varios positivos por alcol, dous deles con penas penais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de trece condutores foron sancionados en Lugo por conducir baixo os efectos de alcol ou drogas ou por carecer do permiso de condución. Así o informa o consistorio no parte de incidencias das últimas horas e tras intensificar estes días os controis nas vías do centro urbano.

En concreto, os efectivos detectaron sete persoas que cometeran delitos contra a seguridade viaria. Dous delas circulaban baixo a influencia de bebidas alcóholicas e sen carné de conducir; outro tres deron positivo en consumo de alcol, unha arroxando un resultado que quintuplicaba a taxa permitida; e outros dous, sen permiso de condución.

Houbo tamén catro alcoholemias con sanción administrativa. A estas sumáronse dous condutores que deron positivo en probas de drogas no transcurso de diversos filtros de seguridade viaria, segundo traslada o Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...