InicioSucesosConduce unha moto de reparto de comida sen luces pola Avenida da...

Conduce unha moto de reparto de comida sen luces pola Avenida da Coruña sen ter carné nin contrato de traballo

A Policía Local identifica e denuncia tamén ao dono do vehículo como cooperador necesario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo denunciou ao condutor dun ciclomotor que repartía comida a domicilio e que non tiña carné nin contrato de traballo. Segundo informa o corpo municipal, o Grupo Operativo Nocturno observou a circulación deste vehículo pola Avenida da Coruña sen iluminación, polo que os axentes procederon a darlle o alto. Cando se parou, comprobaron que o home non tiña permiso de condución porque nunca o obtivo. Así, instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Ademais, o condutor portaba unha mochila para o transporte de comida a domicilio e, ao ser preguntado polos axentes se tiña contrato con algunha empresa, recoñeceu que non. Identificou as empresas que lle solicitan encargos e relatou que fai o traballo e cobra en man. Os axentes requiriron a presenza do titular do ciclomotor, o cal tamén foi identificado. De feito, a Policía Local instruíu contra el dilixencias como colaborador necesario no delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, confeccionouse o correspondente parte de intervención para remitilo a Inspección de Traballo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...