InicioSucesosFerido o copiloto dun coche tras ter un accidente de tráfico cun...

Ferido o copiloto dun coche tras ter un accidente de tráfico cun camión en Becerreá

Debido á aparatosidade do suceso, formáronse longas retencións na vía afectada, ao redor do quilómetro 459 da A-6 sentido Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este luns tras verse implicado nun accidente de tráfico no municipio lucense de Becerréa. Segundo informou o 112, o accidente tivo lugar ao redor das 13.50 horas, un camión de madeira chocou contra un turismo. Foi o propio condutor do camión o que deu a voz de alarma e indicou que o copiloto do outro vehículo estaba ferido. Finalmente, tivo que ser excarcerado.

Debido á aparatosidade do suceso, formáronse longas retencións na vía afectada, ao redor do quilómetro 459 da A-6 sentido Madrid. No operativo participaron Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Sarria e dispositivos de mantemento de estradas.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG reclama a intervención da Xunta en Lugove ante o “incumprimento” do convenio colectivo

O BNG urxiu á Xunta de Galicia que interveña en Lugove, empresa concesionaria do...

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

Elena Candia recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez Baliña, referente da natación adaptada

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude,...

A Vicepresidencia da Deputación renova as pistas de squash do Pazo dos deportes

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a renovar as pistas de squash do...