InicioTerra CháCospeitoDúas persoas resultan feridas nunha colisión en Cospeito

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión en Cospeito

O accidente ocorreu na LU-113 e obrigou a mobilizar os servizos de emerxencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos na LU-113 ao seu paso pola parroquia de Roás, no municipio lucense de Cospeito.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11.45 horas deste sábado e foi un particular o que alertou da colisión entre dous coches na que podía haber persoas feridas.

Ata o punto mobilizouse a Garda Civil, os Bombeiros de Vilalba e o personar do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, nun primeiro momento, decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero finalmente descartouse a súa intervención.

As persoas feridas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...