InicioSucesosInvestigado un veciño de Guntín de 96 anos por ameazar con arma...

Investigado un veciño de Guntín de 96 anos por ameazar con arma de fogueo a médicos que ían atender a unha familiar

O ancián tiña permiso de armas en vigor e na vivenda interveuse tamén unha escopeta de caza "dada a situación de risco existente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Guntín, de 96 anos, está investigado, segundo informou a Garda Civil, como suposto autor dun delito de ameazas con arma curta de fogueo a facultativos médicos. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de xaneiro no termo municipal de Guntín, cando, segundo o relato da Garda Civil, dous facultativos trasladáronse a unha vivenda da localidade para atender a unha paciente encamada.

Ao chegar ao domicilio, o investigado, familiar da enferma, recibiu na porta de entrada ao persoal sanitario cunha pistola na man, en aparencia real, proferindo ameazas verbais de diversa índole. O investigado negou ante os axentes que ameazase aos facultativos cunha pistola, atopándose a mesma nunha mesa próxima á entrada da vivenda, debaixo dunhas toallas, comprobando que se trata dunha arma de fogueo cunha bala na recámara. A arma foi intervida.

PERMISO DE ARMAS EN VIGOR

Así mesmo, observouse nun percheiro situado na cociña da vivenda unha escopeta de caza, procedendo á súa intervención “dada a situación de risco existente”. O ancián, que quedou a disposición xudicial, tiña permiso de armas en vigor.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...