InicioSucesosA provincia de Lugo rexistra tres terremotos en menos de 24 horas

A provincia de Lugo rexistra tres terremotos en menos de 24 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistrou tres pequenos terremotos entre a tarde deste venres e a mañá deste sábado, tres movementos sísmicos con menos de 24 horas de diferenza e que tiveron lugar nos municipios de Taboada, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Segundo recolle o Instituto Geográgico Nacional (IGN), o primeiro movemento sísmico rexistrado tivo lugar este venres ás 20:21 horas en Taboada, cunha magnitude de 1.6 graos. Así mesmo, o IGN rexistrou o segundo tremor este sábado ás 01:51 horas no concello de Triacastela, cunha miagnitud de 2.4. Nesta liña, na mañá deste sábado, ás 10:39 horas, rexistrouse un terceiro terremoto na provincia lucense, neste caso en Pedrafita do Cebreiro, cunha magnitude de 1.9.

ÚLTIMAS

O ministro Hereu comparte a postura do PSdeG sobre Altri e avaliar o proxecto “en base a criterios técnicos”

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, afirmou este martes que a súa...

En Castroverde, Baleira e A Fonsagrada non se poden pedir citas para o pediatra ata abril

O BNG denunciou este martes a "falta de atención pediátrica" nos concellos lucenses da Fonsagrada, Baleira...

Zonas da Terra Chá, aínda alagadas tras o paso de Kirk, non puideron sementar a forraxe para as vacas

Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que...

Diferenzas no goberno de Lugo ante a distinción de Rafael de Vega e Xesús Alonso Montero como fillos adoptivos

A proposta da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, de que Xesús Alonso Montero e...