InicioSucesosDetido un veciño de Cospeito polo furto dunha retroexcavadora e un remolque

Detido un veciño de Cospeito polo furto dunha retroexcavadora e un remolque

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron, no marco da Operación Doublev, a un veciño de Cospeito (Lugo) como suposto autor da subtracción dunha retroexcavadora e dun remolque lixeiro de dous eixos.

Segundo informaron fontes da Comandancia, o roubo da retroexcavadora produciuse o pasado 30 de agosto nunha canteira situada no municipio de Vilalba. Tras iniciar as pescudas, a Garda Civil localizou o vehículo escondido nunha zona de difícil acceso nun monte comunal situado na parroquia de Gaibor, en Begonte.

Na mesma operación policial localizouse un remolque lixeiro que fora subtraído na madrugada do pasado 3 de setembro nas obras da autovía A-6, ao seu paso polo municipio de Begonte. Ambos os vehículos están valorados nuns 38.000 euros, e a persoa detida polo roubo pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras un choque en Lugo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, e unha delas excarcerada, tras chocar un coche...

Unha disputa no fogar acaba cun home e unha muller detidos tras recibir asistencia sanitaria

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o domingo a un home e a unha...

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...

Deteñen un home en Lugo por violencia de xénero

Un home foi detido en Lugo por un delito de violencia de xénero, segundo...