InicioSucesosMorre un camioneiro ao saírse da vía e envorcar na A-6 en...

Morre un camioneiro ao saírse da vía e envorcar na A-6 en Lugo

O camioneiro permanecía inconsciente no interior da cabina e a carga do tráiler quedou esparexida polo asfalto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun camión morreu na mañá deste venres ao sufrir unha saída de vía e envorcar co vehículo na A-6, ao seu paso por Lugo. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 11.30 horas no quilómetro 499 da citada autovía en sentido Madrid, na parroquia lucense de Muxa. Foron varios os particulares que chamaron para informar deste accidente.

O camioneiro permanecía inconsciente no interior da cabina e a carga do tráiler quedou esparexida polo asfalto. O 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da A-6. Tamén foron informados, aínda que finalmente non interviñeron, a Policía Local e Protección Civil de Lugo.

O 061 mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor. Non foi necesario que os bombeiros empregasen material de excarceración.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...