InicioSucesosRouba decenas de metros de cable de cobre nunha nave de Palas...

Rouba decenas de metros de cable de cobre nunha nave de Palas de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Lugo, de 41 anos de idade, como suposto autor dos delitos de furto e roubo con forza nas cousas, por subtraer cable de cobre nunha nave de Palas de Rei.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos tiveron lugar o pasado día 7 no polígono industrial da localidade lucense de Palas de Rei, cando supostamente o home accedeu ao interior dunha nave en construción, furtando decenas de metros de cable de cobre e subtraendo diversas ferramentas que se atopaban nunha caseta de obra.

Por outra banda, os axentes detiveron a un veciño de Melide como suposto autor da subtracción dunha cuba mesturadora, de aceiro inoxidable. A cuba atopábase no interior dun almacén de mantemento situado no termo municipal das Nogais, e foi localizada oculta nas inmediacións da antiga estrada N-V, a escasos quilómetros do lugar onde se subtraeu.

O presunto autor dos feitos foi sorprendido polos axentes da Garda Civil cando se trasladaba supostamente a despezar a cuba con ferramentas profesionais de corte e o seu posterior traslado nun camión propiedade da persoa detida. A cuba subtraída e inutilizada é parte dun conxunto de maquinaria valorado en 27.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...