InicioSucesosUn mozo de 13 anos que rompía un banco público "porque se...

Un mozo de 13 anos que rompía un banco público “porque se aburría”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron na tarde deste domingo a un mozo de 13 anos que estaba a causar danos nun banco público porque, segundo contou aos efectivos, “aburríase”.

Os membros da patrulla sorprenderon ao menor mentres danaba un banco situado na rúa Fonte da Bica, ao que quitara varias táboas. Os axentes deron aviso aos seus pais, que se personaron no lugar dos feitos e fixéronse cargo do menor. Ademais, confeccionaron as oportunas dilixecias polos danos realizados.

RUÍDOS NUNHA VIVENDA

Por outra banda, durante a madrugada do sábado ao domingo, a Policía Local de Lugo se personó nunha vivenda da Rúa Centolo despois de recibir queixas por ruídos. Os axentes comprobaron que na terraza dun dos pisos celebrábase unha festa de aniversarios, con música en ton moi alto que podía oirse desde as rúas próximas.

Identificouse ao responsable e pediuse que baixasen o volume, á vez que se levantou unha acta de denuncia por infracción grave á Lei de Protección da Seguridade Cidadá. Finalmente, na tarde do venres foi identificado no Fogar do Transeunte de Lugo un home sobre o que pesaba unha orde de detención e presentación nun xulgado de Cantabria.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...