InicioSucesosDetidos tres veciños de Vilalba acusados de vender pezas de coches por...

Detidos tres veciños de Vilalba acusados de vender pezas de coches por Internet e non remitilas aos seus compradores

Hai vítimas en diferentes localidades da Península.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a tres veciños do municipio lucense de Vilalba acusados de vender pezas de vehículos por Internet que, unha vez abonadas, non eran remitidas aos compradores. Segundo trasladou o Instituto Armado, a investigación iniciouse despois de constatarse vítimas de diferentes localidades da Península.

Así, coa detención destas tres persoas, a Garda Civil considera desarticulada esta banda que se dedicaba ás estafas utilizando métodos de cobro vinculados a liñas telefónicas, cuxos titulares eran persoas alleas á organización delituosa. As persoas detidas e as dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...