InicioAncaresPedrafita do CebreiroUn motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Compañeiros do motorista contactaron previamente porque o perderon de vista facendo unha ruta

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de profundidade no municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro. Segundo informou o 112, compañeiros do motorista contactaron previamente co servizo porque estaban a realizar unha ruta e perdérono de vista. Sospeitaban que puidese caer ante a escasa probabilidade de que tomase un camiño alternativo.

Efectivamente, apenas uns minutos despois, ao fío das 18.00 horas, unha persoa particular chamou o 112 para avisar da caída dun motorista por un profundo desnivel na LUP-4504, ao paso por Pedrafita do Cebreiro.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que organizaron a saída dunha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Un recurso que enseguida foi anulado ao confirmar os equipos presentes no lugar do accidente o falecemento do motorista.

Pola súa banda, os efectivos de rescate e salvamento, procedentes do parque comarcal de bombeiros de Sarria, están listos para intervir, en canto indíqueno os axentes da Garda Civil de Tráfico e as autoridades xudiciais.

O motorista caeu por un profundo desnivel e cunha importante inclinación do terreo, polo que será necesaria a actuación dos equipos de emerxencias.

CAMINIONERO ATRAPADO EN CURTIS

Tamén se rexistrou outro accidente en Curtis, onde un camioneiro tivo que ser liberado polos Bombeiros de Betanzos e os membros do GES de Curtis ao quedar atrapado na cabina despois dun accidente. Ocorreu pasadas as dúas desta tarde na AC-231, ao paso por Foxados, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 para alertar.

Segundo explicaron, o condutor quedou atrapado dentro da cabina despois de envorcar o vehículo que conducía. Por iso, foron avisados os Bombeiros de Betanzos e os membros do GES de Curtis. Solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Así, tras ser liberado e recibir os primeiros coidados, o ferido foi evacuado por este medio ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...