InicioSucesosAuxilian a un menor perdido que deambulaba descalzo e chorando pola rúa...

Auxilian a un menor perdido que deambulaba descalzo e chorando pola rúa en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron nas últimas horas a un neno de 6 anos de idade que deambulaba descalzo, só e chorando pola rúa e parecía perdido. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste xoves, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á Rolda da Muralla.

Ao chegar, os axentes foron recibidos por dous homes, un deles axente de Garda Civil fóra de servizo, que relataron que atoparan ao neno camiñando só pola rúa e chorando. Pasados poucos minutos, mentres os axentes facían indagacións para localizar a algún familiar, presentouse no lugar a nai do menor, que explicou que se ausentou do domicilio uns minutos para facer uns recados e atopouse a casa baleira ao seu regreso.

Por outra banda, a Policía Local tamén auxiliou esta madrugada a unha moza que se atopaba indisposta e con síntomas compatibles coa inxesta de alcol. A moza, de 21 anos de idade, estaba tendida sobre a calzada e, ao informar os axentes de que tomaba medicación, os policías solicitaron a presenza dunha ambulancia, cuxos profesionais atenderon á muller.

O 092 tamén interveu nas últimas horas nun conato de incendio nunha zona de maleza da rúa Rof Carballo; tamén para prestar apoio ao 061 na atención a un paciente psiquiátrico que sufrira un brote e mostrábase agresivo na vivenda familiar; e na retirada dun enxame de abellas na rúa San Roque.

ÚLTIMAS

O vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe a 22 millóns

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes que o pleno...

Ferido un conductor tras un choque entre o seu vehículo e un camión en Guntín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este martes tras chocar o vehículo no que...

O viaduto do Castro na A-6 estará operativo desde o 30 de decembro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou este luns que o...