InicioSucesosDetido novamente o loteiro que denunciou un atraco á súa propia administración

Detido novamente o loteiro que denunciou un atraco á súa propia administración

Os dous supostos autores materiais do roubo, un home e unha muller, foron apresados tamén en Madrid no marco da investigación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dono da administración de lotaría número 10 de Lugo que o pasado 4 de xaneiro denunciou o asalto a punta de pistola por parte de dous encapuchados das instalacións do seu negocio levando un botín de de 400.000 euros foi detido por efectivos da Policía Nacional pola súa presunta colaboración no golpe.

A detención produciuse, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, ao redor das 18,00 horas da tarde do martes, pouco despois de que un home e unha muller fosen detidos na Comunidade de Madrid como supostos autores materiais do atraco nun operativo conxunto posto en marcha por efectivos da Policía Nacional de ambas as autonomías.

“Había un feito delituoso que era un roubo con violencia nun local comercial e a obrigación da Policía era investigalo. Nos últimos días descubriuse quen eran os autores materiais dos feitos e unha vez que se produciu a detención destas dúas persoas fóra da localidade de Lugo, tomóuselles declaración e xunto aos indicios que había anteriormente imputóuselle tamén un delito ao responsable desa administración de lotaría”, explicou este mércores, respecto ao operativo, o portavoz da Policía Nacional de Lugo.

Tanto as dúas persoas arrestadas en Madrid como o loteiro detido en Lugo pasaron a noite do martes nos calabozos á espera de ser postos a disposición dos xulgados de instrución correspondentes. Un traslado que, no caso do dono da administración de lotaría, non se espera que se produza aínda ao longo da xornada deste mércores xa que, tal e como apuntan desde a Policía Nacional, “a investigación é moi complicada, moi delicada, aínda continúa aberta e nos próximos días aínda pode traer algunha novidade”.

O CASO CONTRA O LOTEIRO ESTABA ARQUIVADO

Foi o propio dono da Administración de Lotaría situada na rúa Lamas de Prado da capital –agora detido en calidade de investigado– quen denunciou o sucedido a mañá do 4 de xaneiro de 2024.

Segundo o testemuño ofrecido aquel día aos medios, o asalto tivera lugar ao redor das 8,30 horas da mañá, cando o home se dispuña a abrir o seu negocio. Entón, dúas persoas co rostro e as mans cubertas irromperon no local encañonarono e obrigraronlle a entregarlles o diñeiro das dúas caixas fortes.

“Levaron todo, preto de 400.000 euros, porque estaba a lotaría que me retiveron, os 230.000 euros que tiña que pagar, máis toda a comisión. É xusto esta semana que coincide entre o que che reteñen de Nadal e o sorteo de Reis“, manifestou entón o loteiro en relación ao prexuízo económico sufrido polo asalto.

A investigación para localizar aos presuntos responsables do atraco prolongouse durante meses e tamén as pescudas relacionadas coa posible implicación do loteiro nos feitos, pero a principios do mes de abril a maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo acordou arquivar a causa contra este a o entender que non existían motivos suficientes para a súa imputación.

Agora, tanto o dono da administración de lotaría que denunciou o asalto como os dous presuntos autores materiais dos feitos deberán comparecer ante o xuíz para ofrecer a súa versión do sucedido.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...