InicioSucesosIdentificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que se atopaban tirando pedras a coches estacionados no aparcadoiro da rúa Ramón e Cajal.

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes presentáronse no lugar ao recibir aviso no 092 e identifican aos dous mozos, quen aseguran que tiraban pedras contra a Muralla e que posiblemente alcanzaron algún vehículo.

Con todo, testemuñas no lugar afirman que os mozos tiraban pedras a coches, chegando a golpear a un vehículo que xa marchara do lugar. Así, a Policía de Barrio puxéronse en contacto cos pais dos menores e confeccionouse o correspondente parte de intervención á espera de se se presentan denuncias que poidan realizarse polos danos.

Por outra banda, a Policía Local informa de que na mañá sorprendeuse a dous homes por despositar no interior dun colector de residuos orgánicos restos de madeira, dun moble de cociña e unha campá extractora, polo que foron identificados e levantouse acta de denuncia por infracción á lei de residuos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...