InicioSucesosInvestigados dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos interceptados cando...

Investigados dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos interceptados cando conducían de forma temeraria pola N-6

No vídeo achegado por un axente fóra de servizo pódese observar como dous turismos efectuaban manobras de adiantamento en zona prohibida, pola dereita, e circulaban en zig-zag para cortar a circulación ao outro vehículo. Todo iso mentres numerosos vehículos circulaban polo outro carril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil investiga a dous veciños de Lugo de 34 e 44 anos de idade que foron gravados por un policía local fóra de servizo cando conducían de forma temeraria pola N-6. Segundo informou o Instituto armado, os feitos tiveron lugar o pasado mes de novembro na estrada N-6, á altura do quilómetro 500.

No vídeo achegado polo axente pódese observar como dous turismos efectuaban manobras de adiantamento en zona prohibida, pola dereita, e circulaban en zig-zag para cortar a circulación ao outro vehículo. Todo iso mentres numerosos vehículos circulaban polo outro carril.

Tras ter coñecemento dos feitos, realizáronse xestións para a identificación dos vehículos e dos seus condutores, que derivaron na investigación de ambos os condutores como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria. As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...