InicioSucesosA policía ten que auxiliar a unha muller que sufriu un corte...

A policía ten que auxiliar a unha muller que sufriu un corte mentres limpaba unha xanela e non podía saír da vivenda

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo tamén axudou a unha persoa de avanzada idade que se caeu no seu domicilio e era incapaz de levantarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo auxiliaron este xoves a unha muller que pediu axuda desde unha xanela despois de sufrir un corte na man mentres limpaba os cristais e que non podía saír da vivenda. Segundo detallou a Policía Local, os feitos producíronse nun edificio da zona de Paradai. Desde a xanela, a moza informou aos axentes de que sufrira un corte nunha man e, á súa vez, o teléfono móbil caéralle nun cubo de auga e lixivia, quedando inservible.

Ademais, nese momento deuse conta de que non tiña chave da porta da súa vivenda, xa que a levou a súa parella e non sabía de memoria o seu número de teléfono, polo que decidiu pedir axuda pola xanela. Así, os axentes entraron na vivenda, onde a muller se atopaba tombada no chan. Mentres non chegaba a ambulancia, os policías realizáronlle unha cura de emerxencia e posteriormente foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a súa atención médica.

CAÍDA EN DOMICILIO

Por outra banda, na noite deste xoves, unha patrulla do Grupo operativo nocturno da Policía Local da capital lucense desprazouse a un domicilio da rúa Pintor Corredoira para axudar a unha persoa de avanzada idade que se caeu e era incapaz de levantarse. Alí, os policías lograron incorporalo e sentárono no sofá do salón, sen que fose necesario demandar asistencia médica, xa que non sufrira ningunha lesión.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...