Home Lugo e contorna Lugo Interceptan a un condutor que se deu á fuga tras ser detectado conducindo de forma temeraria no Paseo dos Estudantes

Interceptan a un condutor que se deu á fuga tras ser detectado conducindo de forma temeraria no Paseo dos Estudantes

0
Interceptan a un condutor que se deu á fuga tras ser detectado conducindo de forma temeraria no Paseo dos Estudantes
Axentes da Policía Local de Lugo. /POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local de Lugo detectou na madrugada deste venres a un home que conducía de forma temeraria o seu vehículo pola rúa Paseo dos Estudantes, momento no que os axentes iniciaron unha persecución por diferentes rúas ata que lograron interceptalo.

Unha vez detido o vehículo, a Policía abriu catro expedientes sancionadores ao condutor do turismo por condución temeraria, non respectar ordes e indicacións dos axentes, non respectar a luz vermella dun semáforo e non deterse nun ‘stop’.

Por todas estas infraccións, o condutor enfróntase a sancións de máis de 1.000 euros e a retirada, en total, de 18 puntos do permiso de condución.

Así mesmo, a policía lucense detectou este madrugada cinco vehículos que non constaban coa ITV no prazo debido, ademais de dous vehículos que circulaban carecendo do seguro obrigatorio para automóbiles.

+ posts