InicioSucesosInvestigan a un veciño de Monterroso como presunto autor dun incendio forestal...

Investigan a un veciño de Monterroso como presunto autor dun incendio forestal por unha queima non autorizada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civilimputou en calidade de investigado a un veciño do municipio lugués de Monterroso como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave causado por unha queima non autorizada.

Segundo informou o Instituto Armado, o incendio ocorreu na parroquia de Merlan,término municipal de Palas de Rei, por mor do cal iniciaron un operativo policial que deu como resultado a investigación do presunto autor dos feitos.

Desta forma, o investigado realizou varias queimas forestais sen autorización administrativa, xa que estaban pechadas na data do incendio. Supostamente abandonou o lugar das queimas sen cerciorarse de que estaban apagadas e o incendio propagouse á masa arbórea.

As dilixencias policiais serán remitidas á Autoridade Xudicial durante a xornada deste mércores.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...