Home Lugo e contorna Lugo Investigado un condutor ao negarse a facer unha proba de alcoholemia tras un accidente en Lugo

Investigado un condutor ao negarse a facer unha proba de alcoholemia tras un accidente en Lugo

0
Investigado un condutor ao negarse a facer unha proba de alcoholemia tras un accidente en Lugo
Probas de alcol en sangue realizado cun alcolímetro / Garda Civil

Un condutor sufriu sobre as 4,30 horas da madrugada deste mércores unha saída de vía e chocou contra un colector na rúa Xenebro, en Lugo. A Policía Local desprazouse ata o lugar e observou que o home presentaba signos de embriaguez, aínda que se negou a realiza a proba de alcoholemia.

Por este motivo, o home está investigado por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Enfróntase a unha pena de prisión de entre seis meses e un ano, así como a privación do dereito a conducir vehículos a motor entre un e catro anos.

Por outra banda, os axentes detectaron a tres condutores que deron positivo en alcol durante a realización dun control nocturno na rúa Lamas de Prado. Noutra orde de cousas, a Policía Local informa de que se identificou a unha muller como autora do furto a unha empregada dun establecemento na Praza de Augas Férreas. Recibiuse unha chamada de que tiñan retida á autora, que roubara o bolso dun armario dentro da cociña.

+ posts