Home Lugo e contorna Investigan por condución temeraria a un octoxenario que conducía en sentido contrario pola A6 á altura de Baamonde

Investigan por condución temeraria a un octoxenario que conducía en sentido contrario pola A6 á altura de Baamonde

0
Investigan por condución temeraria a un octoxenario que conducía en sentido contrario pola A6 á altura de Baamonde
Estrada A-6 | Acciona

A Garda Civil de Lugo investiga por condución temeraria a un octoxenario que foi interceptado conducindo en sentido contrario pola autovía A6 á altura da localidade de Baamonde.

Tal como informou a Benemérita, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas deste pasado luns, cando se tivo coñecemento de que un vehículo circulaba pola A-6 en sentido contrario, dirección Madrid polos carrís sentido A Coruña.

Minutos máis tarde, o coche foi localizado á altura do quilómetro 523, sendo identificado o condutor, un home octoxenario que está a ser investigado por condución temeraria.

+ posts