InicioSucesosDenunciado un condutor por ameazar á Policía, ouriñar na vía e dar...

Denunciado un condutor por ameazar á Policía, ouriñar na vía e dar positivo en alcol

O home foi detectado nos controis de seguridade viaria realizados polo Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Ateigados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo denunciou a un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, ameazou aos axentes e ouriñou na vía pública, segundo informa no seu parte de incidencias. Os feitos producíronse durante a noite do mércores ao xoves. O home foi detectado nos controis de seguridade viaria realizados polo Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Ateigados.

Á denuncia por non superar a proba de alcoholemia, sumouse outra por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá xa que, durante a intervención policial, dirixiuse en varias ocasións aos axentes con frases despectivas e ameazantes. Tamén por infrinxir a Lei de Residuos de Galicia xa que, a pesar das advertencias dos axentes e da existencia de varias persoas congregadas no lugar, ouriñou na vía pública cara a unha zona axardinada existente no lugar.

VIVENDA DESHABITADA

Por outra banda, sobre as 23.25 horas do mércores, axentes municipais se desprazaron a unha vivenda deshabitada na estrada vella de Santiago ao recibir o aviso de que había varias persoas con lanternas. Á súa chegada, comprobaron que eran tres menores e que saían ao exterior cunha caixa que tiña un ventilador. Un deles, que tiña as chaves da casa, dixo que era dun familiar e que ían recoller o citado aparello, o que ratificou a nai do mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...