InicioSucesosEsmaga o coche borracho en Lugo e presenta un carné de conducir...

Esmaga o coche borracho en Lugo e presenta un carné de conducir “de fantasía”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor protagonizou un accidente na madrugada deste xoves en Lugo, onde chocou contra unha terraza, danou sete colectores e fuxiu do lugar. Tras ser localizado pola Policía Local, o home deu positivo en alcol (0,73 mg/l) e foi denunciado por presentar un carné de conducir estranxeiro non legal, un “permiso internacional de fantasía”.

Nun comunicado, a Policía Local explica que este sinistro tivo lugar ás 3,00 horas da madrugada, á altura do número 83 da avenida das Fontiñas, nun choque no que o coche se desprazou durante 30 metros arrasando con varias mesas e cadeiras da terraza, ademais de colectores e dous bolardos.

O condutor manifestou aos axentes que perdera o control de vehículo porque se lle cruzou de forma repentina un can ou un gato. Así, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Noutra orde de cousas, a Policía Local informa de que unha patrulla camuflada detectou na rúa Mariña Española a dous homes ouriñando na vía pública, polo que foron denunciados, cunha posibilidade de sanción de ata 900 euros. Ademais, ambos foron propostos por unha infracción á lei de seguridade cidade por unha suposta falta de respecto aos axentes.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...