InicioSucesosDenunciado un condutor en Lugo por circular en dirección contraria e negarse...

Denunciado un condutor en Lugo por circular en dirección contraria e negarse a realizar a proba de alcoholemia

Outro negouse a realizar a proba a pesar de presentar signos de estar baixo os efectos do alcol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local denunciou en Lugo a un condutor por circular en dirección contraria e negarse a realizar a proba de alcoholemia, segundo informa.

Os feitos producíronse na madrugada do venres ao sábado. Durante un control de alcoholemia, os axentes observaron a un condutor que circulaba pola rúa Salvador de Madariaga e que, ao detectar o control e co fin de evitalo, deu marcha atrás en dirección contraria durante uns 200 metros.

Os axentes puxeron en marcha un dispositivo de procura localizando ao condutor, ao que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, por negativa implícita á realización da proba de alcoholemia e por condución temararia.

Tamén instruíu dilixencias por un condutor que se negou a realizar a proba de alcol a pesar de presentar signos de estar baixo os efectos de consumo de bebidas alcohólicas. Tamén se detectaron tres positivos noutros tantos condutores.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...