A Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) por un incendio declarado nunha nave de reciclaxe en Vilalba, no Polígono Industrial Sete Pontes.
Deste xeito, explica, garántese a coordinación entre os organismos mobilizados e faise fronte a esta situación de risco.
MOBILIZACIÓN DE VARIOS PARQUES DE BOMBEIROS
Bombeiros de Vilalba, Barreiros, Sarria, Eume e Lugo foron mobilizados desde estes puntos da provincia para colaborar no control e extinción do lume que se declarou nunha nave de reciclaxe no polígono industrial Sete Pontes, en Vilalba.
Do lume alertou sobre as 18,00 horas un particular ao 112 e ata o punto tamén se mobilizaron o GES de Friol-Pas e o GES de Monterroso, xunto con efectivos da Policía Local e da Garda Civil, así como medios do distrito forestal da zona.
Ademais, tamén foron mobilizados efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que inicialmente non se ten constancia de persoas feridas ou afectadas, ata o momento.