InicioSucesosAccidente múltiple en Lugo tras cochar un coche con outros dous e...

Accidente múltiple en Lugo tras cochar un coche con outros dous e un farol

Denunciado un mozo por causar danos no Paseo do Intre e dirixirse de forma irrespetuosa á Policía Local

PUBLICADA O

- Advertisement -

saída de vía dun coche na cidade Lugo causou numerosos danos materiais, aínda que non se rexistraron feridos e o condutor do vehículo implicado deu negativo nas probas de alcoholemia. Segundo informou a Policía Local de Lugo, os feitos ocorreron pasadas as 5,00 horas deste sábado, na Avenida das Fontiñas, onde se desprazou unha dotación policial alertada por un accidente de circulación.

Así, un turismo saíu da calzaza e impactou contra unha furgoneta estacionada na marxe dereita da vía, e contra un farol. Como consecuencia do impacto, o coche desprazouse e volveu impactar contra outro turismo, aparcado no lado contrario.

O accidente saldouse con danos materiais de consideración, pero ningunha persoa resultou ferida. Ademais, informou a Policía, o condutor do coche que causou o sinistro deu negativo nas probas de alcoholemia. Por outra banda, ao mediodía do pasado venres rexistrouse outro accidente na rúa Lamas de Prado, cando unha furgoneta se detivo para deixar estacionar a un coche e, nese momento, o seu condutor escoitou un forte golpe na parte traseira.

Cando se apeou da furgoneta para comprobar o que pasara, atopouse cun motorista tirado no chan, polo que foron alertados os servizos de Urxencias Sanitarias 0-61, que trasladaron ao motorista ferido ao Hospital Lucus Augusti.

DANOS EN MOBILIARIO PÚBLICO

A Policía Local de Lugo tamén informou doutra intervención, nese caso por danos no mobiliario público, ocorrida o pasado 28 de marzo. Sobre as 14,00 horas, unha patrulla da Policía de Barrio foi comisionada para trasladarse ao Paseo do Rato onde un grupo de mozos está a increpar aos viandantes. Os axentes localizan aos mozos preto do Ponte da Chanca e,ao identificalos, un deles, de 23 anos de idade, dirixiuse aos funcionarios de forma irrespetuosa e despectiva, polo que foi denunciado.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...