InicioSucesosA Garda Civil sorprende a dous condutores ebrios tras intervir nun sinistro...

A Garda Civil sorprende a dous condutores ebrios tras intervir nun sinistro na A-6 en Outeiro de Rei

Un terceiro condutor afectado polo sinistro negouse a someterse ás probas de alcoholemia e foi denunciado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo interceptou na madrugada do pasado 16 de marzo a dous condutores que circulaban ebrios por mor dunha asistencia nun accidente de tráfico, así como un terceiro, tamén afectado o sinistro, que se negou a someterse ás probas de alcoholemia.

En concreto, os axentes tiveron coñecemento dun accidente de circulación ocorrido á altura do quilómetro 506 da autovía A6, no termo municipal de Outeiro de Rei.

Aos poucos minutos unha patrulla persionouse no lugar, comprobando que un vehículo sufrira un sinistro viario consistente nunha saída de vía pola marxe dereita, quedando este ocupando o carril esquerdo no sentido da marcha, polo que inicialmente procedeuse a asegurar a zona e alertar ao resto de servizos de emerxencia.

O condutor, un veciño de Vilalba de 42 anos, arroxou nas probas de detección de alcol unha taxa tres veces superior ao máximo establecido, apunta a Garda Civil.

Mentres os axentes efectuaban os labores de sinalización e apoio no sinistro, observaron a un vehículo que circulaba facendo uso da iluminación de longo alcance, o que producía o deslumbramiento do resto de condutores e dos propios axentes, polo que procederon á súa parada e identificación.

O condutor, neste caso un veciño de Abadín de 57 anos, someteuse ás probas de detección alcohólica, arroxando igualmente unha taxa tres veces superior ao máximo establecido.

Tras finalizar a actuación, o Equipo de Ateigados trasladouse á estrada LU-P-1611, á altura do quilómetro 67,5, onde un condutor solicitaba axuda por un rebentón nun pneumático. Dáse a circunstancia de que o rebentón sucedera ao pasar anteriormente polo lugar do primeiro accidente.

Á chegada dos axentes, o condutor, un veciño da Coruña de 35 anos, negouse á realización das probas de alcoholemia, polo que se procedeu á súa investigación pola suposta comisión dun Delito Contra a Seguridade Viaria por esta negativa.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...