InicioSucesosVarias denuncias en Lugo permiten desarticular unha rede de extorsión de webs...

Varias denuncias en Lugo permiten desarticular unha rede de extorsión de webs de contactos sexuais

Estaba integrada por españois e dominicanos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varias denuncias interpostas na provincia de Lugo deron lugar a unha investigación por parte da Garda Civil no marco da cal se desarticulou unha rede criminal de extorsión e branqueo de capitais, con ramificacións noutras provincias, e que se saldou con 8 persoas detidas e investigadas.

Segundo informaron fontes policiais, o modus operandi dos delincuentes (de orixe española e dominicano) consistía en intimidar a persoas que conectaran con mulleres a través dunha páxina web de contactos sexuais.

Cando as vítimas facían eses contactos, os membros da rede comunicábanse con eles para ameazalos. Así, intimidábanos mediantes chamadas, ou mandándolles fotos e vídeos nos que ven persoas encapuchadas que ameazan con facerlles dano a eles ou ás súas familias se non lles entregaban certas cantidades de diñeiro.

As vítimas, empuxadas polo medo ou pola ameaza de que se soubese que entraran nesas páxinas de contactos, accedían aos pagos, de maneira que este grupo criminal conseguiu facerse con case 20.000 euros.

A Garda Civil non descarta que haxa máis prexudicados, xa que se trata de feitos que as vítimas tenden a ocultar por vergoña ou pola súa situación persoal, porque non queren que se saiba o sucedido.

No marco desta investigación, bautizada como Operación Pretor, desarticuláronse grupos localizados nas provincias de Ourense, Valencia e Zaragoza. Os detidos xa pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...